A Pasarela Solidaria de Allariz é un evento que combina moda, solidariedade e compromiso social.
Celebrarase o venres 15 de maio ás 19:00h no Hotel Balneario Oca Allariz, e ten como obxectivo apoiar a labor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), promovendo ao mesmo tempo o comercio local.
Durante a pasarela, diferentes comercios de Allariz presentarán as súas propostas de moda nun desfile aberto ao público, onde tamén colaboran persoas voluntarias como modelos, estilistas e outros profesionais.

Todo o recadado irá destinado á AECC para apoiar a investigación, a prevención e a atención ás persoas afectadas polo cancro.
Este evento será presentado oficialmente en rolda de prensa o martes 28 de abril. Nese momento tamén se desvelará o nome do artesano convidado que acompañará a pasarela.