Pasarela Solidaria Allariz 2025

Moda con propósito

Moda, solidariedade e compromiso en Allariz

A Pasarela Solidaria de Allariz é un evento que combina moda, solidariedade e compromiso social.

A edición de 2025 celebrouse o venres 9 de maio no Hotel Balneario Oca Allariz, co obxectivo de apoiar a labor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), promovendo ao mesmo tempo o comercio local.

Durante a pasarela, diferentes comercios de Allariz presentaron as súas propostas de moda nun desfile aberto ao público, no que tamén colaboraron persoas voluntarias como modelos, estilistas e outros profesionais.

O evento recadou 3.458 € destinados á AECC para apoiar a investigación, a prevención e a atención ás persoas afectadas polo cancro.

Nesta edición participou como artesán convidado Álvaro Leiro, investigador e creador en cestería, que destaca polo seu traballo de recuperación e revitalización da artesanía tradicional.

A través da exploración da cestería en espiral con xuncos, palla e fibras naturais, Álvaro pon en valor técnicas ancestrais, levándoas a un contexto contemporáneo.

Participantes

A edición de este ano en prensa