Poemagosto
ASOCIACIÓN AMIGOS DA Concurso de escaparates e decoración do interior en colaboración co Festival de Poesía POEMAGOSTO
Poden participar todos os negocios do Concello de Allariz.Haberá dous premios: un para a decoración de escaparates eoutro para decoración de interiores (para os negocios que nonteñen escaparate), so se pode concursar nun deles.Con esta proposta tentamos establecer sinerxías e colaboraciónsentre todos, darlle valor ó coidado do escaparate e apoiar asiniciativas culturais dende os negocios.Coma sempre, a todos os negocios que participen farémosllespublicacións nas nosas redes.Para participar hai que apuntarse no correopasarelasolidariaallariz@gmail.com.
Os autores e autoras que participan neste ano son:
Elvira Ribeiro (Galicia)
Xabier Cordal (Galicia)
Shahd Wadi (Portugal)
Liliana Velandia (Colombia)
Se usades algún texto dos participantes no festival tede enconta que valoraremos que poñades o nome do autor ou autorado texto.Dende a organización do festival propoñen que se algún negocioquere que lle escriban algún texto no escaparate poden ir elesmesmos a facelo.
NORMAS PARA PARTICIPAR
- As decoracións teñen que estar montadas o día 26 desetembro as 13:00 da mañá.
- Antes das 13:00 do 26 de xuño hai que enviar foto doescaparate ou da decoración ó correo electrónicopasarelasolidariaallariz@gmail.com.
- As decoracións teñen que permanecer montadas ata o día14 de outubro.
O XURADO
O xurado estará formado por 4 persoas, 2 de Allariz e 2 defóra de Allariz.
Pasará a valorar os escaparates e decoracións o longo do día 11 de outubro. Valoraranse diferentes aspectos da decoración, puntuando do1 ó 5, logo sumarase o total, e o que alcance maior puntuación será o gañador en cada formato.
En caso de empate, a presidenta da asociación ten o voto decalidade. Haberá gañador de reserva por se o primeiro incumpre algunha norma de participación. As dúas decoracións gañadoras anunciaranse o 11 de outubro logo de que pase o xurado e se sumen as puntuacións. O premio entregarase o 14 de Outubro unha vez comprobado que cumpre con todas as normas de participación.
QUÉ VALORAREMOS
Equilibrio e orde da composición.
Equilibrio das cores.
Distribución e alturas dos produtos expostos.
Integración da decoración co produto de venda.
Impacto visual e orixinalidade.
Estado dos elementos usados para a decoración.
Limpeza do espazo do escaparate.
Iluminación.
Atmosfera creada no interior.
Coherencia coa proposta e a identidade do negocio.
O uso do galego nos textos.
Respecto dos dereitos de autora e autor
OS PREMIOS
Haberá dous premios: un para escaparate e outro para decoración interior. Un vale para dúas persoas para o spa do Hotel Eurostars Vila de Allariz e un lote de libros dos autores que participan este ano grazas a Aira das Letras, para cada gañador ou gañadora.
Os Vales non son reembolsables. Se o gañador ou gañadora dalgún dos premios incumpre as normas, o premio pasará ó seguinte

